Friday 17 de May de 2024

Morat e Pablo López actuarán no 2023 no Coliseum da Coruña


As entradas para ambas as actuacións estarán dispoñibles estes días

O Coliseum da Coruña acollerá o vindeiro 2023 actuacións en directo de Morat e Pablo López. O Concello da Coruña continúa así ampliando a oferta musical con dous referentes dos seus xéneros a nivel nacional e internacional.

A banda colombiana Morat anunciou esta semana as primeiras datas da súa xira ‘Si ayer fuera hoy’. O primeiro concerto será o da Coruña, o próximo 29 de xuño. A partir deste venres, 23 de decembro, ás 11.00 horas, estarán dispoñibles as entradas, que poderán adquirirse en Enterticket, Ataquilla e a páxina web de Morat de maneira telemática e no despacho de billetes da praza de Ourense de maneira presencial. A Coruña será unha das poucas cidades españolas incluídas na xira da banda colombiana.

Por outra banda, o malagueño Pablo López regresa aos escenarios e inclúe a cidade entre as paradas da súa próxima xira ‘Pablo López en concierto’. A súa actuación no Coliseum será o 20 de maio e as entradas saen este xoves 22 de decembro ás 12.00 horas. Estarán dispoñibles en Emotional Events, Ataquilla e na praza de Ourense. O anuncio desta xira prodúcese poucos días despois de que López presentase ‘Quasi’, o primeiro adianto do seu próximo disco.

Con estas dúas confirmacións, o Coliseum da Coruña comeza a perfilar a súa programación musical para o vindeiro 2023. Outras grandes actuacións xa confirmadas son as de Pixies (11 de marzo), Joaquín Sabina (2 e 4 de xuño) e Hombres G (18 de novembro).